Heading hidden

Presentamos esta colección de breves vídeos coa fin de coñecer as orixes do Instituto, e como Madre Mazzarello xunto con outras mozas valentes deron un paso á fronte para darlle vida ao Instituto das Fillas de María Auxiliadora. Rapidamente se expandiu a outros lugares máis alá dos outeiros do Monferrato; un carisma vivo do que nós hoxe somos herdeiros.

Na nosa sinxela historia comprobamos como Deus vai construíndo  a historia de salvación en favor da infancia e xuventude, especialmente os máis pobres.

Despois de 150 anos,  seguimos mantendo a paixón e dando resposta a esa invitación da Virxe  a María Mazzarello “A ti  chas confío”, acompañando á mocidade polos camiños dos cinco continentes para que sexan quen de medrar como bos cristiáns e honrados cidadáns,  convencidas de que a cultura da sociedade pódese transformar coa educación facendo visible a misión carismática salesiana.

https://salesianas.org/wp-content/uploads/2022/06/1-500x174.jpg
https://salesianas.org/wp-content/uploads/2022/06/2-500x174.jpg
https://salesianas.org/wp-content/uploads/2022/06/3-500x174.jpg
https://salesianas.org/wp-content/uploads/2022/06/4-500x174.jpg
https://salesianas.org/wp-content/uploads/2022/06/5-1-500x174.jpg
https://salesianas.org/wp-content/uploads/2022/06/6-500x174.jpg
https://salesianas.org/wp-content/uploads/2022/06/7-500x174.jpg
https://salesianas.org/wp-content/uploads/2022/06/8-500x174.jpg
https://salesianas.org/wp-content/uploads/2022/06/9.Institutocreciendo-500x174.jpg