Heading hidden

A formación profesional e a escola salesiana nacen en Valdocco para responder ás necesidades concretas da mocidade e insírense nun proxecto global de educación e de evanxelización dos mozos, sobre todo dos máis vulnerables. Pronto sobresaen os talleres e as escolas nocturnas, orixe das nosas actuais escolas e centros de formación profesional. Don Bosco tamén deu vida aos talleres de artes e oficios, axudando ao mesmo tempo aos mozos na procura de traballo. María Mazzarello, inicia o taller de costura e outras actividades formativas para a promoción das novas.

Hoxe a Escola Salesiana FMA en España, mediante o desenvolvemento da súa acción educativa e a súa achega específica á sociedade, como lugar dun diálogo crítico fe-cultura, actualiza esta experiencia educativa dos nosos fundadores. Convencidos do seu valor e orixinalidade ofrecemos a nosa proposta educativo - pastoral a través dunha realidade rica de 43 centros educativos por toda a xeografía española.

Os nosos centros