Heading hidden

Don Bosco asume como propia a experiencia da institución dos oratorios da súa época, remodelándoa segundo a súa xenialidade e estilo propio para responder as necesidades dos mozos do momento.
Por outra banda, María Mazzarello, sen coñecer aínda a Don Bosco, viviu en Mornese unha experiencia propia. Atenta ás necesidades das mozas creou para elas, xunto con outras novas, un espazo acolledor capaz de educar na fe e na vida social.
O Oratorio-Centro Xuvenil, por tanto, está na orixe de toda a obra salesiana. Trátase dun espazo aberto a unha gran variedade de nenos, adolescentes e novos, sobre todo, aos máis necesitados. Un lugar acolledor, alegre, aberto ás diferentes expresións xuvenís, que se caracteriza por unha oferta formativa rica de valores humanos e cristiáns.
Maniféstase como unha proposta de educación non formal cualificada nun abanico de actividades adaptadas ás diversas franxas de idade.