Heading hidden

A situación de exclusión dos mozos da Italia do século XIX interpelou o corazón de Don Bosco e de Nai Mazzarello quen a través do encontro con eles, descubriron a chamada dun Deus misericordioso que non quedaba impasible ante o sufrimento. Desde entón ata hoxe, “ co seu mesmo amor preferente” dedicámonos aos nenos, adolescentes, novos, adultos e familias que viven en risco de exclusión social.
Entendida esta máis aló do significado económico, pois inclúe a limitación no acceso á educación, cultura, vivenda, traballo, a falta de recoñecemento da dignidade humana, e a desigualdade no exercicio da verdadeira cidadanía.
Ademais de buscar dar resposta a esta exclusión de modo transversal en todos os ambientes, as Salesianas fomos desenvolvendo, a través de Plataformas Sociais, unha gran variedade de proxectos e servizos de atención específica.
Así, renovamos o compromiso de tomar opcións creativas que dean resposta a quen vive en maior risco.