Heading section
Os organismos de coordinación e organización cos que contamos no MJS España son:
• Equipos locais e inspectoriais: segundo a organización de cada Inspectoría.
• Asemblea xeral: a súa misión é a animación e coordinación xeral de MJS. Está composta por tres novos de cada Inspectoría, o Delegado ou Coordinadora de Pastoral de cada Inspectoría e o Delegado Nacional de Pastoral Xuvenil.
É responsabilidade da Asemblea reflexionar periodicamente sobre o MJS e a EJS, impulsar liñas de traballo comúns, achegar á Pastoral Xuvenil liñas de acción, favorecer a comunicación entre as Inspectorías, abordar temas de formación e reflexionar sobre eles e ser un “observatorio” da realidade xuvenil.
Consello Permanente: está formado por un novo representante do MJS de cada Inspectoría, o Delgado Nacional de Pastoral Xuvenil e a Coordinadora de Pastoral Xuvenil da CIEP. Son tarefas deste Consello dar continuidade e operatividade ás decisións da Asemblea Xeral, asegurar a presenza e o compromiso do MJS en organismos civís e eclesiais ou da Familia Salesiana, sobre todo naqueles que traballan a favor dos mozos, analizar e comunicar a realidade inspectorial do MJS, canalizar a información entre as distintas Inspectorías, preparar xunto coa Delegación-Coordinadora de Pastoral Xuvenil todos os encontros e iniciativas do MJS España e preparar e avaliar a Asemblea Xeral.
A nivel europeo participamos na Secretaría Permanente cun membro, representando á zona sur de Europa, e na Asemblea con cinco membros. Algunhas das competencias do MJS Europa son axudar e soster a aquelas inspectorías e nacións nas que o MJS está a iniciarse, facilitar o intercambio de experiencias entre países e inspectorías, preparar a Asemblea Xeral e coordinar a preparación do Confronto europeo.