Heading hidden

//salesianas.org/wp-content/uploads/2018/04/CARTADEIDENTIDADDELMJS.jpg

O Movemento Xuvenil Salesiano é a comuñón de diversos grupos, que coinciden e únense nunha mesma proposta educativa e evanxelizadora, inspirada no espírito e o estilo de Don Bosco e Nai Mazzarello.

O MJS considérase un movemento educativo – pastoral de referencia[1]

O MJS é Xuvenil, Educativo e Mundial.

O MJS fomenta e promove a comunicación para compartir experiencias en todos os ámbitos -local, inspectorial, nacional, continental e mundial- respecto a todas as facetas do noso movemento.

Os grupos, movementos e asociacións do MJS fan referencia explícita nas súas Liñas Básicas, Estatutos, Proxectos Educativos etc. , non só aos valores da Espiritualidade Xuvenil Salesiana, senón tamén ao propio Movemento e mostran interese por compartir estes valores con outros grupos. Os trazos desta espiritualidade desenvólvense de modo gradual e progresivo no proceso educativo concreto.

O horizonte do MJS é o mundo xuvenil, en toda a súa amplitude e en todas as súas manifestacións: todos os mozos que se achegan e participan, en maior ou menor medida e con maior ou menor implicación e profundidade no seu proceso educativo —evanxelizador. O MJS está aberto ás necesidades e vivencias de todos os mozos, que inciden na propia realidade do Movemento.

“Corazón” do MJS son os animadores e educadores, que lle dan vida e promóveno en cada unha das obras locais. Eles son responsables de transmitir a Espiritualidade e deben ser, por iso, obxecto de especial atención e coidado por parte dos acompañantes, quen lles axuda a descubrir e cumprir a súa opción vocacional.

[1] “Falamos de MJS como movemento de referencia, en contraposición a movemento de pertenza, os seus membros están fortemente vinculados á realidade asociativa da que forman parte, mediante unha presenza asidua e outros elementos que identifican a súa pertenza ao grupo. Os grupos que compoñen o MJS poden ser de pertenza, pero o MJS en si é un movemento de referencia, en canto que os diversos grupos que o forman séntense unidos ao redor duns valores (a Espiritualidade Xuvenil Salesiana) e a unhas ideas-forza (o proxecto e o estilo educativo salesiano). Un movemento entendido desta forma non anula aos grupos que o compoñen, senón que os reforza e potencia.”