Heading hidden

ADMA

Don Bosco fundou a Asociación de María Auxiliadora (ADMA) en Turín para difundir e promover “o culto ao Santísimo Sacramento e a María Auxilio dos Cristiáns". Esta asociación agrupa a todos/as os/as devotos/as da Virxe de Don Bosco, que tentan coa súa vida e a súa fe difundir o amor a Jesús e á súa Nai Auxiliadora.

A Asociación de María Auxiliadora é unha asociación pública de fieis que co espírito de Don Bosco promove a devoción peculiar mariana como instrumento de evanxelización e de promoción das masas populares e da mocidade necesitada.

A súa orixe xurídica remóntase ao 18 de abril de 1869, día en que Mons. Alejandro Riccardi, arcebispo de Turín asina a súa erección canónica. Máis tarde, o Papa Pío IX elevaraa á categoría de Archicofradía, é o 5 de abril de 1870.