Heading hidden

Exalumnas

A Confederación Mundial das Ex -alumnas e os Ex -alumnos das Fillas de María Auxiliadora, denominada tamén Asociación de Ex -alumnas/os das FMA, nace en marzo de 1908 en Turín por iniciativa de D. Rinaldi e de Sor Caterina Arrighi e constitúe, a nivel mundial, unha resposta á chamada da Igrexa postconciliar aos seglares. É unha asociación laica católica, internacional, ecuménica e forma parte da Familia Salesiana. Esta sitúase na sociedade como expresión laical dun instituto relixioso educativo que realiza a súa misión en culturas distintas.

Pertencen á asociación persoas de todas as idades, culturas, relixións, estado social, en todas as partes do mundo. O número de ex -alumnas/os en todo o mundo é elevadísimo, se consideramos toda a mocidade que sae das 3.802 obras e actividades educativas das FMA no mundo. Un bo número destes, elixen participar oficialmente na Asociación adheríndose como membros efectivos e facéndose dispoñibles tamén para os servizos de guía e animación.

Cada Ex -alumno/a está comprometido a crecer como persoa, segundo o trinomio do Sistema Preventivo de Don Bosco: razón, relixión e amabilidade, que se pode traducir nos valores humanos de dignidade, fe e solidariedade, unindo a isto a sensibilidade e o coidado do carisma mornesino de María Mazzarello, cofundadora do Instituto das Fillas de María Auxiliadora. Cada un/unha contribúe responsablemente na afirmación dos valores sobre os que se fundamenta a dignidade da persoa humana, actuando nos diferentes ámbitos de acción: na familia; no ambiente de traballo e de estudo; no mundo político e social; e no ámbito da escola, do tempo libre, da comunicación social.