Heading hidden

HogaresDonBosco

Os Salesianos Cooperadores deron vida ao “Movemento de Fogares Don Bosco” en 1965, como consecuencia dunha campaña realizada a favor da familia.

Os primeiros destinatarios de HDB foron os matrimonios pertencentes á Asociación de SS.CC. Tratábase de favorecer a formación matrimonial dos mesmos, dentro da Asociación. Máis tarde, esta positiva experiencia foi compartida por outros matrimonios cristiáns que non pertencían á Asociación de Cooperadores.

Hoxe, o movemento acolle a todos os matrimonios que, aceptando libremente o espírito do mesmo e respectando as súas normas e orientacións, queren facer un camiño serio de crecemento humano e cristián.

Un dos campos da misión dos Salesianos Cooperadores son os HDB, aos que comunican o seu espírito, promovendo, ao mesmo tempo, a súa difusión. Son tamén os seus animadores e responsables na Igrexa.

Os HDB son un movemento eclesial de matrimonio e apostolado familiar. Sitúanse no marco do Movemento Salesiano, e desde o carisma de Don Bosco, en comuñón cos demais grupos da Familia Salesiana e con especial vinculación coa Asociación de Salesianos Cooperadores.

Adoptan o nome de “Fogares” pola súa especial referencia á familia, e teñen como titular a San Juan Bosco para expresar o seguimento de Cristo, está inspirado no espírito evanxélico do Santo.

Coidan a formación humana, cristiá, e salesiana dos seus membros, para que se realicen en plenitude como persoas, esposos e educadores dos seus fillos.

Favorecen a cada unha das nosas familias para que cheguen a ser auténticas igrexas domésticas, onde se ofreza a todos os seus membros a posibilidade de crecer continuamente no amor a Deus e ao próximo.

Propician un compromiso serio dos seus membros, na construción da comunidade eclesial e humana.

Impulsan unha pastoral familiar que desenvolva programas de servizo e axuda á familia en xeral, en colaboración coa Igrexa local dentro da Familia Salesiana.