Heading section

Os Salesianos Cooperadores son en realidade a primeira rama fundada por Don Bosco da Familia Salesiana. Nace da necesidade que ten Don Bosco de obter cooperadores para sacar adiante o seu soño de brindar ao raparigo abandonado, obreiro, orfo ou en calquera situación de risco, o seu ideal do sistema preventivo.
O salesiano cooperador é un católico que vive a súa fe inspirándose, desde a súa realidade secular ou sacerdotal, no proxecto apostólico de Don Bosco, para contribuír á salvación da mocidade, a porción máis delicada e preciosa da sociedade humana. Actúa o seu compromiso e vive o espírito salesiano nas ordinarias situacións da súa vida e do seu traballo.
O Cooperador realiza a vocación ao apostolado, que lle é común con todos os católicos, seguindo a vocación salesiana, que o leva a comprometerse coa misión xuvenil popular de Don Bosco e a vivir o seu espírito.
A Asociación dos Salesianos Cooperadores está estendida por todo o mundo salesiano. Na actualidade conta con:
• 1.320 centros formalmente erixidos.
• 26.300 Cooperadores, conforme ao novo Regulamento de Vida Apostólica.
• 30.000 Cooperadores en posesión do antigo Diploma.
• 8.200 Aspirantes.
O núcleo fundamental é o centro local que agrupa aos Cooperadores dun mesmo lugar. Normalmente constitúese xunto a unha obra dos Salesianos ou as Fillas de María Auxiliadora; o seu Director encomenda a un dos relixiosos da comunidade, a formación e a garantía de fidelidade ao carisma salesiano. Este encargado recibe o nome de Delegado/a. Ao responsable elixido entre os membros da Asociación denomínaselle Coordinador e axúdalle sempre un Consello. Esta mesma estrutura repítese no ámbito inspectorial, rexional e mundial.