Heading section

As VDB son laicas consagradas. En resposta ao amor de Deus, ofrécenlle a súa propia vida como don total, para unha maior dispoñibilidade aos irmáns. As VDB viven soas ou en familia.
Están unidas entre elas pola conciencia de compartir a mesma misión no mundo e o sentido de pertenza ao Instituto, á Igrexa e ao mundo.
As VDB viven o espírito salesiano de Don Bosco na orixinalidade da súa consagración secular, que ofrecen á Igrexa e ao mundo.
Viven o Espírito Salesiano de Don Bosco no estilo secular propio: vida de relación, solidariedade, esperanza, maduro optimismo, María como referencia de vida e oración…
As VDB, segundo as propias capacidades e posibilidades, están presentes no mundo activa e responsablemente, no mundo da cultura e da mass-media.
Nacemento oficial do INSTITUTO SECULAR DAS VOLUNTARIAS DE D.BOSCO fundado por Felipe Rinaldi, 3° sucesor de Don Bosco, o 20 maio de 1917 . En Turín tres mozas inician unha “silenciosa revolución”. Son Verzotti Maria, Riccardi Francisca e Luisa Carpanera que se comprometen, guiadas por Don Rinaldi, a vivir como “Fillas de María Auxiliadora no mundo”, realizando así o seu “desexo vital” de consagración a Deus. Serán chamadas Celadoras de María Auxiliadora (CMA).