Heading hidden

Don Bosco

Juan Bosco naceu en Castelnuovod'Asti o 16 de agosto de 1815 nunha familia de campesiños. O seu pai, Francisco Bosco, morreu cando Juan tiña soamente dous anos, e Margarita Occhiena quedou soa criando a Antonio, José e Juan.

Cunha doce firmeza e unha fe infinita, Margarita, sabia educadora como o era, converteu a súa familia nunha igrexa doméstica. Desde neno, Juan empezou a sentir o desexo de ser sacerdote.

Contou que aos nove anos tivera un soño que lle revelou a súa misión, a educación da mocidade: unha muller resplandeciente como o sol díxolle “Faite humilde, forte e robusto e o que ti ves que lles sucede a estes lobos que se converten en cordeiros, ti faralo polos meus nenos. Eu serei a túa mestra. Co tempo ti comprenderás todo”. Sendo aínda un raparigo, Juan empezou xogos de destreza para os seus amigos, aprendidos con gran esforzo, e alternaba isto co seu traballo e a súa oración.

En xuño de 1841 foi ordenado sacerdote. Don Bosco empezou por dar aloxamento a mozos sen fogar. Ensinoulles un traballo e a amar ao Señor; cantaba, xogaba e rezaba con eles. Organizou un oratorio festivo, inicialmente itinerante, pero logo estable en Valdocco, que puxo baixo a protección de San Francisco de Sales. Margarita, xa anciá, aceptou ir a Turín a axudalo, converténdose en “Mamá Margarita” para todos. Dos primeiros mozos xurdiron os primeiros colaboradores. Desenvolveuse así o famoso Sistema Preventivo, un estilo educativo e acción pastoral baseados na razón, a relixión e o amor. Os primeiros colaboradores, co tempo e tamén grazas á axuda do Papa Pío IX, convertéronse nunha congregación, os Salesianos, dedicada á salvación dos mozos, loitando contra todas as formas de pobreza e tomando como propio a lema: “Da mihi animas caeteratolle”. O mozo Domingo Savio é o primeiro froito do Sistema Preventivo.

Xunto a Santa María D. Mazzarello fundou o Instituto das Fillas de Mª Auxiliadora. Con bos e traballadores laicos, homes e mulleres, creou os Cooperadores Salesianos para apoiar e soster a obra da educación da mocidade, anticipando así novas formas de apostolado na Igrexa.

A fonte da súa infatigable actividade e da eficacia da súa acción foi unha constante "unión con Deus" e unha confianza ilimitada en Mª Auxiliadora, á que sentía como inspiradora e sostén de toda a súa obra.

Aos 72 anos, o 31 de xaneiro de 1888, Don Bosco morreu, exhausto polo traballo. Pío IX, que o coñeceu, beatificouno en 1929 e canonizouno o 1 de abril de 1934. No centenario da súa morte, o Papa Juan Pablo II declarouno “Pai e Mestre da Mocidade”. O seu corpo descansa na Basílica de Mª Auxiliadora en Turín. A súa festa celébrase o día 31 de xaneiro.

Don Bosco firma