Heading section
Descubrir a propia vocación é apaixonante! Deus fálache a través das túas preguntas, os teus desexos, da realidade na que vives. É unha invitación que Deus che fai e espera unha resposta pola túa banda.
A vocación salesiana brota dun desexo de amar máis, de querer un mundo mellor e estar disposta, xunto con outros, a pórse ao servizo de Deus e dos mozos para conseguilo.
Ser salesiana é seguir a Jesús dentro da vida relixiosa segundo o carisma salesiano. É unha chamada a ser signo e expresión do amor de Deus entre os mozos.
Don Bosco e María Mazzarello, os nosos fundadores, movidos polo Espírito, co seu carisma educativo fixeron visible aos mozos a presenza de Jesús, o Bo Pastor, o que dá a Vida en abundancia.
As salesianas vivimos en comunidade, e nela compartimos a nosa experiencia de Deus e a nosa misión educativa e evanxelizadora entre os mozos.
Dentro da Familia Salesiana, e nos diversos contextos socioculturais nos que traballamos, tratamos de actualizar o estilo propio de relacionarnos e de educar do Sistema Preventivo, característica da nosa vocación na Igrexa. María, nai e educadora, é quen inspira esta misión.
Nas realidades nas que estamos presentes, con formas diversas, expresamos a predilección polos pequenos e os pobres vivida segundo o espírito do Da mihi animas ceteratolle, e do A ti confíochas, seguindo as palabras de Jesús: “O que acolle a un destes pequenos no meu nome, a min acólleme” (Mt 18,5).